XOSÉ LOIS FOXO
Director e Fundador da Real Banda de Gaitas

Xosé Lois Foxo, na compaña de D. Juan Carlos I, Rei de España.

  • Naceu en Romeor do Caurel (Lugo) o 12 de Octubro de 1.950. No Seminario de Lugo diplómase en Cencias eclesiásticas, onde recibirá a sua primeira formación musical da man do célebre mestre Castiñeira, sendo membro da Orquestra da Escola Cantorum como clarinete e gaiteiro solista.

  • Posteriormente trasládase a Barcelona para prosegui-los seus estudios, licenciándose en traducción e interpretación nas linguas de Alemán e Inglés pola Facultade de Traducción e Interpretación da Universidade Autónoma de Barcelona.

  • En Barcelona, Xosé Lois Foxo, funda a Escola de Toxos e Xestas , pola que pasarían centos de fillos de galegos o longo dos dez anos que permaneceu na Cidade Condal.

  • Como complento a súa labor didáctica en pro da gaita, escribiu durante o seu período militar o libro "Os Segredos da Gaita", actualmente na sua 6ª edición, unha publicación imprescindible para calquer estudioso da gaita galega.

  • Xosé Lois Foxo formou gaiteros por onde pasou; así fundaría o grupo Toxos e Xestas en Lugo (1.969), no ano 1.979 funda no Sabiñánigo (Huesca) unha interesante Banda militar de gaiteiros, realizando interesantes arreglos e composicións de marchas militares.

  • O longo da sua vida artística realizou unha ampla laboura coma compositor. Destas obras podemos destacar relevantes composicións tales como "Gallaecia", composta con motivo da primeira toma de posesión do Presidente Fraga, sendo estreada por 1.500 gaiteros na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Outras obras adicadas a personaxes célebres podemos citar a Muiñeira da Infanta Elena, Muiñeira de Wojtyla, etc., sendo condecorado repetidamente por diversas ordes cos máximos galardons tales como a Serenísima Orde da Alquítara de Portomarín, Enxebre Orde da Vieira, Cabaleiro da Orde do viño Albariño, Distinción Grande do Caurel, lucense do ano 2006 e moitas outras.

  • Actualmente Xosé Lois Foxo é Director da Escola Provincial de gaitas e da Real Banda da Deputación de Ourense; séndolle concedido o título de REAL por los Reis de España Don Juan Carlos de Borbón e Doña Sofía pola sua labor de divulgación de Galicia e España polo mundo enteiro. Xosé Lois Foxo é director asimesmo, da publicación anual, Anuario da Gaita, que actualmente vai polo seu número 21, coincidindo a mesma co número de anos que o biografiado leva realizando a sua labor na Cidade das Burgas.

  • "Iconografía da gaita no noroeste peninsular" é o título que leva unha grande obra de investigación que Xosé Lois Foxo sacará a luz proximamente.

  • Con todo, a gran labor de Xosé Lois Foxo é a gran expansión, enseñanza e divulgación da gaita, posto que actualmente o número de alumnos matriculados na Escola Provincial de Gaitas da Deputación Ourensana, ascende a once mil, algo que garantiza a pervivencia dun instrumento tan importante da cultura de Galicia como é a Gaita.