|
HISTORIA

A Real Banda de Gaitas da Deputación de
Ourense (Galicia-España) constitúe a máxima expresión artística dos quince
mil alumnos que estudian os segredos da gaita na Escola Provincial de
Gaitas. Ademais de ser unha canle para os alumnos da Escola de gaitas,
a Real Banda pretende difundir e prestixiar a gaita como instrumento senlleiro
nacional de Galicia, levando o espírito deste pobo a tódolos currunchos
do Planeta; tal é o que se plantexa o seu fundador e director, Xosé Lois
Foxo. O seu recoñecemento
é tan universal coma a verba mesma, levando a súa música e a súa maxia
ós máis dispares lugares do Planeta, sendo boa mostra delo as seguintes
distincións:
Trofeo "The best overseas pipe band", gañado nos mundiais de Bandas de Gaitas de Glasgow (Agosto 1991 y 1993).
Distinción á Banda máis popular do Highland Gathering, celebrado en Yakarta 1992 (Indonesia)
Gran Percebe de plata e ouro, otorgados pola "Enxebre Xuntanza do Percebe de Barcelona".
Gran "Caball" da cidade de Barcelona.
Medallas de recoñecemento das cidades de Munich, Nürnberg e Berlín.
Medalla de ouro da cidade de Nantes.
Diploma de honra da cidade de Glasgow.
Distinción especial do Festival Internacional de Strakonice
(Chequia)
Medalla de ouro da cidade de Caracas.
Distinción de honra da cidade de Chicago.
Medalla de ouro da Cidade do Vaticano.
Pergamino de recoñecemento da súa Santidade o Papa Xoan Pablo II.
Medalla ó mérito do Goberno de Corea do Sur.
Distincións das Televisións Nacionais de México e Santo Domingo.
Diploma de recoñecemento do Goberno de Xapón.
Declaración do goberno de Uruguay de interés nacional a presencia
da Real Banda no seu País.
Medalla de ouro da cidade de Bós Aires.
Medalla de plata do Goberno de Galicia.
Trofeo "Cidade de New York" ( desfile de San Patricio - 30 de Marzo do 2000).
Chave de Ouro da cidade de Newark (New Jersey).
Premio ó mellor labor de comunicación no ámbito nacional e internacional,
referido á Comunidade Autónoma de Galicia, acadado o 13 de Decembro
do 2002.
Chave de Ouro da cidade de Melbourne.
Recoñecemento do Conservatorio de Música de Sydney.
Título de REAL concedido polas súas Maxestades os Reies de España,
Don Juan Carlos I e Dona Sofía.
Distinción da Biblioteca de Alexandría.
Medalla de ouro do Goberno do Cairo.
Medalla de ouro da Universidade do Cairo
Recoñecemento do Consello Superior de Antigüedades de Egipto.
Gran Escudo de Ouro do Estado Libre Asociado de Puerto Rico.
Aparte das distincións mencionadas, a Real Banda ten moitos outros recoñecementos, especialmente dos centros galegos existentes en todo o mundo.
Ten editado as seguintes produccions discográficas: Os Segredos da Gaita (CD+Video didáctico), Gallaecia(CD), Vídeo lugares monumentales provincia de Ourense, Ano Santo (CD), Adelita(CD), Solistas da Real Banda(CD),Gaudeamus Igitur(CD), Cantigas de Ourense(CD), Directo Teatro Avenida de Buenos Aires (CD+DVD), God bless America(CD), O Camiño(CD), Festa Celta(CD), Cantigas do Mar(CD), Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia(CD),Concertos a Juan Pablo II (CD+DVD), Concerto de Nadal con María do Ceo (CD-DVD), Centenario Estrella Galicia (CD), Concerto Atox (CD), Directo Teatro Principal de Burgos (DVD), Directo Liceo de Salamanca (DVD), Himnos e Marchas Procesionais de Galicia (CD), Cantares Populares con Miriam Figueiras (CD+DVD).
Dende o punto de vista musical, a Real Banda é unha formación musical
sen precedentes, conseguindo cotas sinfónicas e combinacións gaitísticas
totalmente renovadoras no mundo das gaitas; todo elo derivado do emprego
de tres variantes da gaita galega, a saber: Gaitas en Si bemol, gaitas
de "barquín" (soplo mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así
coma unha sección de percusión formada por redoblantes de alta tensión,
tambores tenores, bombos, panderetas e terrañolas. En desfile é precedida
dunha sección de bastóns de mando. Nas súas actuacións en concerto soe
actuar a súa sección de "Cantareiras".
A Real Banda vai ataviada cos clásicos traxes galegos de gala do século
XVIII; lucindo, en ocasións especiais, o vello traxe tudense de orixe
medieval. O seu repertorio está constituído polas melodías máis representativas
da tradición musical de Galicia e países da área céltica, completándose
o seu vasto bagaxe de obras con melodías de distintas culturas do mundo.
En fin, podemos afirmar que a Real Banda é unha formación sinfónica de gaitas, única no mundo na súa composición e formas, empregando a disciplina como constante referente nas súas actuacións, o que inspira e transmite ó espectador a simpatía e atractivo dunha xuventude que, coa súa mensaxe, achega ós distintos pobos da Terra.
|